O Idioma

Este blog esta cheo de cambios de idioma (galego, castelán e inglés basicamente) dependendo da fonte orixinaria.

Google Blogger non recoñece o Galego como idioma polo que aparecen algunhas "cousiñas" que non podo cambiar de idioma (como o enlace coa "página principal" ao final das entradas do blog).

Outros xestores de Blogs, como wordpress por exemplo, si fan este recoñecemento.

O sistema de xestión de páxinas web dinámicas que utilizamos no centro (DRUPAL) permite tamén facer pequenos blog e admite o galego como idioma. As actividades que realicemos coa ferramenta de aulas virtuais Mooddle recoñece tamén ao galego.

Sexa con Wordpress, moodle, drupal ou outro podemos poñer en funcionamento blog para o noso centro sen problemas de idioma.